Actualidade :: Novas

INAUGURACION DO TALLER ESCOLADIVERTIDA DO VERÁN

COMEZO DA NOVA ACTIVIDADE DO PROXECTO MARDELAXE DESTINADA A TÓDOLOS/AS PEQUES DA CASA.

o día 17 de Xullo do 2006, dou comezo a nova actividade do proxecto Mardelaxe, chamada Escoladivertida.

A escoladivertida consiste en actividades e xogos destinados para nenos e nenas do pobo de Laxe.

Realizarase xogos, dinámicas, manualidades,expresión plástica, musical etc, todas elas relacionadas co mundo do mar.

Este proxecto de escoladivertida mardelaxe xurde co obxetivo de acercar os nenos e nenas ó mundo do mar.
Moitos deses nenos e nenas son fillos/as de mariñeiros e mariscadores da Confraría de Laxe, polo que grazas a este tipo de campamento favorecémoslle o traballo a ditos membros da confraría quedando cos seus fillos/as mentres éstes traballan.

Os obxetivos que pretendemos conseguir son os seguintes:
- Acercar ós nenos e nenas ó mundo do mar.
- Ensinalos desde pequenos/as a respetar e cuidar o medio mariño.
- Facilitala vida do mariñeiro e mariscador da Confraría de Pescadores de Laxe

Este Curso realizarase nas seguintes datas:
Semana do 17 ao 28 de Xullo
Semana do 7 ao 25 de Agosto

Mais información Confraría de Pescadores de Laxe preguntar por Loly, ou no teléfono 981.72.81.00


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024