Actualidade :: Novas

Curso de Redeiras: Reparación e Mantemento de Redes

Comezo do Curso de Redeiras o luns 18 de Outubro organizado pola Cofradía de Laxe; impartido e homologado polo Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar - Servicio de Formación e Colocación.

redeiras en laxeOrganizado pola Confraría de Pescadores de Santa María de Atalaia de Laxe, Impartido e Homologado por O Fondo Social Europeo e Cofinanciado por Xunta de Galicia - Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Accións Formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregradas (AFD).

O curso realizase a parte Teórica na Aula do Mar e a parte Práctica na Nave do Almacén Xeral pertencente a Cofradía; nas seguintes datas: do 18 de Outubro ao 14 de Decembro do 2010, en horario de 8.45 horas a 14.15 horas.

Contando cun total de 210 horas, distribuidas da seguinte maneira:
93 Horas de Coñecementos Profesionais
100 Horas de Prácticas
17 Horas de Avaliacións


PROGRAMA DO CURSO :

1. Módulo de Reparación e Montaxe de Redes de Pesca (70 horas)
2. Módulo de Mantemento e Conservación de Redes (70 horas)
3. Módulo de Prevención de Riscos Laborais (60 horas)
4. Módulo de Formación para a Igualdade (10 horas)


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024