www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Tradicións :: Presentación

Representación do NaufraxioToda Comunidade pesqueira alberga un amplo patrimonio sociocultural que debe conservar ó longo do tempo, por iso, ese patrimonio débese ir transmitindo de pais a fillos, para que perdure a través das distintas xeracións.

Dentro do noso patrimonio sociocultural, podemos destacar a conservación das tradicións mariñeiras ao longo do tempo, sendo a máis importante a representación do Naufraxio o día 17 de agosto, coincidindo coa celebración da Festividade da Virxe do Carme.

Esta celebración está moi arraigada no noso porto, xa que é a maneira máis fermosa de render homenaxe a nosa patroa, a Virxe do Carme.

Na celebración do Naufraxio teñen participado varias xeracións de familias mariñeiras que a día de hoxe seguen estando presentes por medio dos máis novos, que recolleron a testemuña dos seus proxenitores para continuar cunha tradición que está a punto de cumprir os seus 50 anos de vida.