www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

A Confraria :: Presentación

Edificio ConfrariaA Confraría de Pescadores de Laxe desenvolve unha ampla labor de asesoramento e organización do sector pesqueiro, propoñendo ás administracións correspondentes as medidas necesarias para a realización dunha pesca sostible e respetuosa co medio mariño.

Ademais, diariamente se realiza un gran traballo administrativo que vai dende a tramitación das distintas autorizacións administrativas necesarias para que os mariñeiros poidan pescar ou a mariscar, ata a realización das correspondentes solicitudes para que dende a Capitanía Marítima da Coruña se pasen as inspeccións obrigatorias para que os barcos poidan saír a faenar.

Na actualidade desempeña o cargo de Patrón Maior D. Manuel Villar Vidal , que foi elixido nas eleccións celebradas no ano 2.011.

O Vicepatrón Maior 1º é D. Modesto Dominguez Castro e o Vicepatrón Maior 2º D. Francisco Charlín Oróns.

A día de hoxe a Confraría conta cun número aproximado de 150 socios de Pesca de Baixura e uns 66 socios de Recursos Específicos entre pescadores e mariscadores. Ten censados cerca de 50 barcos, 3 deles volanteiros e os demáis de artes menores.

Web da Confraría >>>