www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

A Aula do Mar :: Presentación

A aula do marA aula do mar, é o espazo de encontro socio-cultural de todas aquelas persoas que aman o mundo do mar, tendo coma obxectivo fundamental a formación continua dos homes e mulleres que traballan no sector pesqueiro de Laxe, polo que ao longo do ano se realizan todo tipo de cursos, conferencias e debates relacionados co sector pesqueiro.

Pero ademais, a aula do mar é o lugar de destino de todas aquelas persoas que desexan coñecer un pouquiño máis sobre a vida dos nosos pescadores. Porque poderán coñecer un lugar cheo de historias, froito da experiencia dos vellos mariñeiros, aqueles que durante moitos anos ensinaron ás distintas xeracións que traballan hoxe en día no sector pesqueiro de Laxe. Na aula do mar esas ensinanzas permanecerán sempre vivas para poder ser transmitidas ás xeracións futuras.

Outro cometido importante da aula do mar é ser o punto de encontro das distintas comunidades pesqueiras, onde se intercambian coñecementos e experiencias, co obxectivo de mellorar día a día as condicións de traballo dos nosos pescadores, buscando un mellor aproveitamento dos recursos mariños a través do coidado e respeto dos mesmos.