www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Memoria Antiga :: Presentación

A recuperación da memoria antiga é unha iniciativa que estamos a levar a cabo para conservar o noso patrimonio sociocultural, xa que consideramos que dentro do desenvolvemento da nosa comunidade pesqueira é importantísimo coñecer as nosas orixes para encamiñar o noso futuro.

Non podemos esquecer que todo o que hoxe en día sabemos debémosllo aos nosos maiores, que de xeito máis duro foron aprendendo os distintos avatares do mundo do mar.

Eses vellos mariñeiros gardan toda a esencia dos nosos mares, é o noso deber manter esa esencia ao longo do tempo, conservando as súas ensinanzas para que perduren co paso dos anos, e sirvan para guiar ás xeracións futuras, aquelas que están chamadas a preservar e consolidar a actividade pesqueira do porto de Laxe.

Por este motivo calquera esforzo realizado en conservar a riqueza patrimonial que gardan os nosos maiores é pouco si pensamos que o noso futuro pasa por seguir camiñando, nesta sociedade cada día máis moderna, sin esquecer o noso pasado.