www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Mar de Laxe :: Presentación

Vista do porto de LaxeMardelaxe é un proxecto de turismo mariñeiro que pretende dinamizar e promocionar ó sector pesqueiro do porto de Laxe, nunha clara aposta polo desenvolvemento sostible da actividade pesqueira a través de conductas de pesca responsable, derivadas das medidas aportadas polo propio sector, que sirva para reafirmar a súa autoestima cara unha profesión que durante os últimos anos non acadou a verdadeira dignidade social que se merece.

A amplitude do Proxecto dependerá directamente da aportación que o sector faga ó mesmo, polo que o éxito estará garantizado se conseguimos que o sector pesqueiro de Laxe se involucre totalmente na execución do mesmo.

Os valores que debemos transmitir son aqueles que nos leven a realizar unha explotación racional dos recursos mariños, de cara a garantir o seu rendimento ó longo dos anos, para que deste xeito as xeneracións vindeiras poidan dispoñer dun futuro cheo de esperanza e non teñan que buscar o seu sustento económico lonxe do seu fogar.

Mardelaxe pretende ser un canal de comunicación entre a sociedade en xeral e o sector pesqueiro, para que xuntos emprendamos un camiño que nos leve a vivir respetando o medio que nos rodea.